Wednesday 26 de June de 2024

Riveira amosa a Transición Española a través de 117 caricaturas de Siro López


 

Aqueles que se acheguen ao Centro Cultural Lustres Rivas teñen a oportunidade de ver unha exposición na que se rememora a Transición Española española a través dos ollos de Siro López. A mostra, integrada por 117 caricaturas do debuxante ferrolán, foi inaugurada nun acto que contou coas intervencións do alcalde Manuel Ruiz, o deputado provincial Antonio Leira, e da concelleira de Cultura Herminia Pouso.

A exposición está promovida pola Deputación da Coruña e permanecerá no noso concello ata o 26 de novembro. O alcalde agradeceu á institución provincial a deferencia de seleccionar ao de Riveira entre os concellos en que recala esta proposta, na que baixo a maxistral arte de Siro retrátase unha época repleta de cambios que abarca dende a morte de Franco ata o triunfo electoral de Felipe González nos comicios xerais de 1982, amén de exhibir outras figuras tan relevantes como o Rei Xoán Carlos, Santiago Carrillo, Manuel Fraga, Xerardo Fernández Albor ou Paco Vázquez.

“O camiño á constitución nas caricaturas de Siro” pode ser visitada de luns a venres de 10 a 14 e de 19 a 21 horas e os sábados de 11 a 14 e de 19 a 21 horas. A entrada é gratuíta.